Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Campaña de Esquí 2016

Campaña de inverno para rapaces/as nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005, residentes en calquera municipio da provincia.
Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos, ademais dos cursos de esquí.
INSCRICIÓNS:
No teu concello, con data límite o 22 de xaneiro de 2016
(Os concellos presentarán no Rexistro de Entrada da Deputación a listaxe dos/as nenos/as con data límite o 28 de xaneiro de 2016; adiantarán dita listaxe por correo electrónico a gabinete.deportes@dacoruna.gal).

XXI Liga Municipal Fútbol Sala Senior 2015-2016

9ªXornada
Final 1ªFase
Este sábado 16 de xaneiro 2016.

AVISO aos afectados polas inundacións

O Concello de Ponteceso pide aos afectados polas inundacións do venres 8 de xaneiro que presenten declaración dos seus danos nas oficinas do Concello.

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

Revista 1054 de 4 de xaneiro de 2016.
Consulta aquí todas as novidades.

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega Celga

DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2016, saíu publicada a Resolución do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.

Imaxes Cabalgata Reis Magos 2016

A pesares da choiva, foron moitos os nenos e nenas ás que lles brilaban os olliños...
Fomos co tren real por tódalas parroquias e cabe destacar que fixemos unha paradiña na casa da señora Julia, de 103 anos, en Pazos.
Podes ver máis imaxes na galería de cultura e deportes da nosa web.


1 ... 20  21  22  23  24  25

Concello de Ponteceso