CONCELLO DE PONTECESO
Concello :: Novas
O Concello de Ponteceso anuncia a celebración da 5ª Carreira Popular Faro Roncundo, que terá lugar o vindeiro 27 de abril de 2025 en Corme. A proba, xa consolidada como un referente no calendario deportivo local, dará comezo ás 11:00 horas na Praza da Ribeira, á que os corredores e corredoras terán que percorrer os 6,2 quilómetros de ida e volta ata o faro. As inscricións están abertas ata o 23 de abril ás 23:59 horas a través da páxina web www.carreirasgalegas.com.
Este mércores, 12 de marzo, terá lugar unha asemblea parroquial no local social de Corme-Aldea.
Comezará ás 20:00 horas co obxectivo de fomentar a participación veciñal na xestión municipal, recollendo propostas e debatendo para acadar unha maior eficacia e transparencia.
Contaremos coa participación do alcalde, José Manuel Mato Martínez, e dos membros da corporación municipal.
O Concello iniciou, esta mañá, a instalación de medio cento de contedores marróns con sistema de chave nas zonas urbanas de Ponteceso e Corme. En concreto, a colocación destes 47 elementos fíxose nas contornas do negocios pertencentes ao tecido hostaleiro, centros de ensinanza e nalgúns edificios de vivendas de ambas as zonas. En paralelo á implantación, xa foron entregadas as chaves coas que os residentes (no caso dos inmobles), responsables dos negocios, colexios e institutos poderán comezar a facer uso destes colectores, destinados a desbotar restos de comida.
O Concello de Ponteceso vén de dar un importante paso cara á modernización e optimización do seu sistema de abastecemento de auga grazas á súa inclusión na primeira fase do Plan de dixitalización do ciclo integral da auga, unha iniciativa pioneira impulsada pola Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia.
O Concello vén de presentar a programación de Envellecemento Activo para o segundo cuadrimestre do ano. Trátase dunha iniciativa dirixida á poboación maior do municipio, coa finalidade de fomentar un estilo de vida saudable e dinámico a través de diversas actividades que se desenvolverán en diferentes parroquias.
A próxima semana comezan os comités parroquiais.
O goberno local pretende fomentar a participación veciñal na xestión municipal
A primeira reunión será o martes 11 de febreiro, ás 20:00 h, no local social da Asociación Nosa Señora do Faro de Brantuas.
Plan: Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024/2025
Proxecto: Mellora de camiños municipais na parroquia de Pazos.
Axuda pública: 62.065,00.-€