Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O CONCELLO DE PONTECESO PRESENTA A 6ª CARREIRA POPULAR FARO RONCUDO

O Concello de Ponteceso presentou a 6ª edición da Carreira Popular Faro Roncundo, unha cita deportiva xa consolidada no calendario atlético da comarca, que se celebrará o vindeiro 13 de xuño a partir das 18:45 horas na Praza da Ribeira, en Corme-Porto.

O CONCELLO DE PONTECESO ADQUIRE UNHA PARCELA NA GRAÑA PARA AMPLIAR SERVIZOS VECIÑAIS E REFORZAR O APOIO AO RURAL

O Concello de Ponteceso vén de formalizar a compra dunha parcela situada na parroquia da Graña, nas inmediacións da igrexa, co obxectivo de habilitala como espazo de aparcamento e tamén para acoller festas e outros usos comunitarios que precise a veciñanza.

TARXETA BÁSICA DE ALIMENTOS 2026

Xa se pode solicitar a Tarxeta Básica de Alimentos 2026.

O CONCELLO COMPLETA A REFORMA DOS CAMIÑOS DE TELLA E REFORZA A PROTECCIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL FRONTE AOS INCENDIOS

O Concello de Ponteceso vén de rematar as obras de acondicionamento e reforzo do firme de varios camiños rurais na parroquia de Tella, unha actuación financiada en parte con cargo ao POS+ Adicional 2b/2024 e cun investimento próximo aos 115.000 euros.

BASES E UN ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE 6 OPERARIOS DE LIMPEZA DE PRAIAS E CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO

O Concello de Ponteceso publica as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de 6 operarios de limpeza de praias como persoal laboral temporal a tempo completo.

PONTECESO REMATA AS OBRAS NA RÚA VOLUNTARIADO EN CORME-PORTO CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 80.000 EUROS

O Concello de Ponteceso vén de finalizar as obras de mellora na rúa Voluntariado, en Corme-Porto, cun investimento total de 80.113,10 euros. Trátase dunha actuación considerada estratéxica polo goberno local, tanto pola súa importancia para a mobilidade como pola posta en valor do espazo urbano.

FOPPSS CONCELLO DE PONTECESO

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso está financiado polo "Programa de Financiamento de Servizos Sociais Comunitarios Municipais" da Deputación da Coruña.

PONTECESO REMATA A OBRA DE CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL NO NÚCLEO DE PAZOS, CUN ORZAMENTO DE CASE 350.000 EUROS

O Concello de Ponteceso vén de rematar esta semana unha actuación de grande relevancia para o municipio, consistente na construción dunha senda peonil no núcleo de Pazos, ao longo da estrada AC-419, no treito comprendido entre o punto quilométrico 2+990 e o 3+350.

O CONCELLO DE PONTECESO INICIA A CAMPAÑA DE TRAMPEO DA VESPA VELUTINA E ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR MATERIAL

O Concello de Ponteceso iniciará o vindeiro venres, 27 de marzo, a campaña de trampeo de raíñas da vespa velutina, unha actuación fundamental para frear a expansión desta especie invasora no municipio.

POS + GASTO CORRENTE CONCELLO PONTECESO

POS+ gasto corrente do Concello de Ponteceso 2025: 706.576,27 euros.

Financiado pola Deputación Provincial da Coruña con cargo ó POS+2025


 1  2  3

Concello de Ponteceso