Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As franxas horarias para saír pasear e facer deporte non se aplican dende hoxe no noso concello

A partir de hoxe remataron as franxas horarias para saír pasear ou facer deporte, porque os 5.502 veciños do noso concello están repartidos en núcleos que en ningún caso superan o listón dos 5.000 habitantes. O único límite horario é o comprendido entre as 06:00 e as 23:00 horas.

Estes son os datos da poboación:

-TELLA (SANTO ELEUTERIO): 1.074
-CORME PORTO (NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS): 1.069
-COSPINDO (SAN TIRSO): 683
-CORES (SAN MARTIÑO): 534
-PAZOS (SAN SALVADOR): 382
-XORNES (SAN XOÁN): 284
-CORME ALDEA (SANTO ADRIÁN):279
-TALLO (SANTO ANDRÉ): 250
-ANLLÓNS (SAN FINS):224
-A GRAÑA (SAN VICENZO):214
-LANGUEIRÓN (SAN XIÁN):146
-BRANTUAS (SAN XIÁN): 133
-NIÑÓNS (SAN XOÁN): 124
-NEMEÑO (SANTO TOMÉ):106

O resto de restricións seguen vixentes:

-A práctica deportiva debe ser individual, sen contacto con outras persoas, unha vez ao día e sen saír do municipio.
-Os paseos podes realizalos cunha persoa coa que convivas, unha vez ao día e a non máis de un quilómetro do teu lugar de residencia. As persoas que teñan que saír acompañadas poderán facelo cun coidador.
-Unha persoa adulta pode saír acompañada de ata tres menores de 14 anos cos que conviva e nun radio de 1 Km dende o seu domicilio.

Concello de Ponteceso