Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O alcalde do Concello de Ponteceso, Lois García Carballido, renuncia ao seu soldo municipal

Lois García Carballido, alcalde do Concello de Ponteceso, anuncia a súa renuncia ao seu soldo. ?No día de hoxe solicitei o meu reingreso ao instituto de Ponteceso, renunciando ao soldo municipal. Estiven 9 anos na política local sen cobrar do Concello, tres deles de Alcalde. Mentres, Pose Verdes cobraba un soldo de tenente Alcalde, que empalmou logo coa súa xubilación. Miña muller máis eu somos profesores de inglés no instituto local, por oposición, e afortunadamente non necesitamos os ingresos do Concello?, afirma.

O dirixente do municipio explica que meses nove anos ?de compromiso absoluto cos veciños e veciñas de Ponteceso? tiveron como recompensa unha maioría do PSOE, ?gañando en todas as mesas electorais?. ?No último tramo da lexislatura, o Concello colleu un grande impulso con melloras en infraestruturas, deportes, cultura e turismo?, engade.

Ademais, durante eses anos o emprego ?foi sempre a prioridade?. Isto debiuse fundamentalmente á dedicación ao Concello por parte do alcalde, que ?favoreceu as xestións para conseguir facer realidade subvencións e obras por millón de euros?.

García Carballido refírese á moción promovida por Apín, grupo da oposición de Ponteceso, coa intención de reducir o seu soldo. En relación a isto, o alcalde aclara que son os concelleiros e concelleiras que votaron a favor ?os que teñen que explicar os motivos?. ?Quitarme o soldo non prexudica ao alcalde, senón ao Concello?, engade.

?Quero dar as grazas a toda a xente que nos apoiou. Anúnciolles que seguimos a traballar por eles, por todas e todos. Sobre todo, agradezo aos que se están manifestando publicamente a favor deste proxecto. Os e as que teñan un proxecto diferente, que o expoñan, que nomeen un líder e que busquen o apoio da xente?, afirma o alcalde. ?Vou seguir como Alcalde aínda que estarei de profesor para dar sustento aos meus fillos. As iniciativas que sexan para mellorar o Concello, van contar co meu respaldo, e espero tamén contar co respaldo de toda a Corporación, para facer do noso Concello un modelo de benestar e desenvolvemento?, conclúe.

Concello de Ponteceso