Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Actualización dos datos de covid-19 no concello de Ponteceso

Nas últimas horas confírmanse 4 positivos en Cores, 1 en Corme e 1 en Anllóns

A actualización de datos de fontes oficiais sobre contaxios por covid-19 no concello de Ponteceso indica que hai un positivo máis en Anllóns e outro en Corme Porto.
O caso de Cores confirma catro positivos máis dentro do mesmo domicilio, familiares todos do caso que xa había.
Todo apunta a que se trata de casos importados. O Concello de Ponteceso deséxalles pronta recuperación.
Sabemos, por veciñas e veciños do noso concello que traballan en Sanidade, que en case todos os centros de saúde dos Concellos da provincia estanse multiplicando as solicitudes de PCR. O Concello de Ponteceso actúa con transparencia e cada día comunicará os datos dispoñibles, pero pide prudencia e respecto ás normas para previr contaxios.

Concello de Ponteceso