Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A biblioteca e o museo de Ponteceso reabrirán as súas portas a partir do próximo xoves

A biblioteca de Ponteceso e o Melga abrirán de novo a partir do próximo xoves 18 co horario habitual, agás no caso do Melga, que permanecerá pechado os sábados ata novo aviso. Coas novas restricións, o aforo destas instalacións culturais será do 30%.

O horario de apertura da biblioteca será luns, mércores e venres, de 9:00 a 14:00 horas; e martes e xoves, de 9:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas. No caso do Melga, o horario será de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas.

Concello de Ponteceso