Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Sanidade realizará un cribado no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso

A Consellería de Sanidade anunciou onte que realizará un cribado total do alumnado do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso.

Na mañá de onte, martes 16 de febreiro, o Alcalde de Ponteceso estivo en contacto co Xefe da Área Sanitaria e coa Xefa Territorial de Sanidade. Nunha rápida xestión en día festivo, analizaron os datos de alumnado e familias enviados desde o centro educativo. Sanidade trazou un mapa epidemiolóxico e decidiu o cribado.

O Concello de Ponteceso móstrase moi agradecido pola inmediatez na toma da decisión, especialmente tratándose dun día festivo, e ofrece toda a colaboración posible. A organización do cribado correrá a cargo da Xerencia da Área Sanitaria.

Concello de Ponteceso