Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso executa as ordes de limpeza de fincas particulares

O Concello de Ponteceso xa está a limpar fincas particulares que non cumpren as Ordes de Execución, pasando a factura aos propietarios, tal e como sucedeu no Campo da Feira de Ponteceso.

No caso das fincas rústicas, a limpeza realízase en virtude do convenio con Seaga, mentres que nas urbanas faina o Concello directamente.

Despois dun longo expediente con varias notificacións e publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado, o Concello executa a Orde, para satisfacción dos lindantes.

Concello de Ponteceso