Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os usuarios de bicicletas de montaña poderán lavalas despois das rutas nas áreas de servizo para autocaravanas de Corme e Ponteceso

Desde hoxe, mércores 7 de abril, a área de servizo de autocaravanas de Corme conta cunha zona de lavado de bicicletas de montaña para que as persoas que realicen rutas con estes vehículos poidan levalas limpas no coche ou gardalas nas casas e trasteiros.

Este punto de lavado de bicicletas súmase ao habilitado na área de servizo de autocaravanas de Ponteceso, cuxo servizo está operativo para todos os usuarios de bicicletas de montaña desde o pasado 1 de abril.

Este servizo só está dispoñible para bicicletas; os usuarios de calquera outro tipo de vehículos deberán realizar as tarefas de limpeza noutros espazos.

Concello de Ponteceso