Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Rematadas as obras en Tella

O goberno de Ponteceso e o director da obra de mellora da contorna do local social de Tella visitaron a Praza dos Seixos para comprobar todas as melloras que se fixeron. A obra está finalizada.

Tal e como lle pediu a Asociación dos Seixos ao Alcalde, substituíuse a vía empedrada que subía á Asociación, na que podían sufrirse caídas, especialmente de xente maior porque estaba desfeita en varios tramos, por unha pista de formigón coloreado verde que ademais permite un acceso á pista deportiva que antes non existía.
Conectouse ao saneamento tanto o local social de Tella como os vestiarios da pista deportiva e a escola unitaria de Tella.

Tal e como pediu a Asociación Os Seixos de Tella, ampliamos co tratamento asfático a praza, restaurando unha zona que estaba preto da estrada, que se atopaba en moi malas condicións, e unha zona que conectaba coa praza que case non se utilizaba. Tal e como nos pediu a asociación, agora quedou unha enorme praza tanto para festas como para aparcamento cando se celebra algún tipo de acto relixioso.
Estas peticións fíxoas a Asociación directamente ao Alcalde nunha reunión previa ao inicio das obras.

DETALLE DA OBRA

Nunha superficie de 250 m² conseguise, en primeiro lugar, a mellora do acceso ó local social ca creación dun novo pavimento de formigón coloreado de 15 cm de espesor sobre o actual en pedras que foi necesario demoler parcialmente nos encontros. Tamén se contemplou a creación dun ramal que dende este, dera acceso á pista deportiva existente. Por outro lado fíxose a dotación dunha rede de saneamento que permite tanto a conexión do local social, coma do vestuario e colexio, á rede xeral; así coma a canalización das pluviais do local social. Para elo contemplouse a execución de 265 m de tubaxe de PVC Ø315 cos seus correspondentes pozos, arquetas e conexións. Finalmente, inclúese a reposición dos viarios afectados polas canalizacións e a mellora das superficies entre edificios en catro treitos: 110x4 m², 11x5 m², 20x5 m² e 5x1 m²; con regas asfálticas. Ampliouse ao triple da superficie inicial para ampliar o campo da festa e aparcamento.

Concello de Ponteceso