Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

En agosto chega a Corme a navegación a vela para os máis pequenos

O prazo de inscrición remata o 21 de xullo

A Campaña de Vela 2022, organizada pola Deputación da Coruña está dirixida a rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro do 2004 e o 31 de decembro de 2013 (ambos incluídos).
Ponteceso levará a cabo esta actividade en Corme do 8 ao 12 de agosto. Haberá dúas opción: horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) ou horario de tarde (de 16:00 a 20:00 horas). Para poder participar hai que saber nadar e tamén será imprecindible que leven zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo. A organización porá á súa disposición un chaleco salvavidas. Aqueles que estean interesados poden inscribirse no concello de Ponteceso ata o 21 de xullo. A cota de inscrición é de 25 euros e deberase ingresar no número de conta que publicará a Deputación da Coruña na web:
www.dacoruna.gal/deportes.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso