Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso clausurou o primeiro curso de poda de arbores froiteiras

Sesenta persoas participaron nesta primeira edición

Onte clausurouse o curso intensivo de poda organziado polo Concello de Ponteceso.
O encargado de entregar os diplomas foi o alcalde e Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, que se comprometiu a «seguir realizando cursos de medioambiente e xa estamos a preparar un curso de horta».
O primeiro curso de poda estivo dedicado ás arbores froiteiras. No curso analizáronse primeiro os obxectivos e a plantación, planificando desde o principio de todo un marco de plantación que contemplou distintas épocas da produción de froita. Trátase de ter froita mais veces ao ano e menos cantidade e isto require unha boa planificación.
Os/as participantes aprenderon as técnicas para facer enxertos e as mellores tempadas para a poda e o que se chama modalidades de poda: poda de frutificación e poda de formación e tamén unha introdución ás ramas a eliminar, aos tratamentos fitosanitarios máis comúns e á denominada poda en verde.
O alumnado recibiu material teórico e practico para poder realizar o curso.
Gracias a un veciño da parroquia a de Nemeño, os alumnos e alumnas do curso de poda municipal do Concello de Ponteceso puideron realizar as prácticas de poda.



Concello de Ponteceso