Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A cuarta campaña de compostaxe do Concello de Ponteceso en marcha

O Edificio das Escolas de Ponteceso acollerá o vindeiro xoves 30 de marzo, ás 17.30 horas, unha charla explicativa para o uso correcto do composteiro e resolver as dúbidas arredor desta práctica que permitirá reducir os residuos orgánicos que se depositan nos colectores do lixo.

O Concello de #Ponteceso segue promovendo a reciclaxe e a redución de residuos nas casas con finca, coa cuarta campaña de compostaxe. Para acceder a un composteiro, é imprescindible vir este xoves e comprometerse a participar na campaña.
Máis información poden chamar ao 665328775 ou enviar un mail a xose.garcia@ponteceso.gal

Concello de Ponteceso