Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellaría de Infraestruturas impulsa melloras viarias na Agra de Anllóns e na pista de Cerezo de Abaixo a Lestimoño por 63.000 euros

Ademais de todas as obras viarias que están en execución ou en fase de adxudicación, e que supoñen un investimento superior a 1,5 millóns de euros, dende a Concellaría de Infraestruturas seguimos a impulsar novos proxectos. O departamento que dirixe José Manuel Pose Verdes impulsa un novo proxecto de melloras de camiños na Agra de Anllóns e da pista de Cerezo de Abaixo a Lestimoño, por un total de 63.000 euros.

Na estrada de Lestimoño a Cerezo de Abaixo está previsto realizar a limpeza e o perfilado das gabias ao longo dos 855 metros de vía, ademais de aplicar unha nova capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente co obxectivo de adecuala ao tránsito de vehículos procedentes da estrada provincial DP-4307. Tamén se renovará a sinalización.

As actuacións en Anllóns dividiranse en cinco treitos de 2.240, 315, 730, 190 e 597 metros de lonxitude e anchos variables de 3,20 a 3,80 metros. As obras adaptaranse ao estado de cada un deses treitos, e incluirán dende a limpeza de gabias ata a pavimentación, e ademais adoptaranse as medidas precisas para facilitar a evacuación de auga nalgunha zona inundable.

Concello de Ponteceso