Tras coñecer a historia das protagonistas da ?revolución silenciosa? de Présaras (Vilasantar), traballadoras locais de mediados do século XX participarán nun debate-coloquio na Biblioteca Municipal
Moito antes de que se comezase a falar de feminismo ou empoderamento feminino, centos de mulleres anónimas protagonizaron unha
revolución silenciosa que cambiaría a economía e a organización social de toda unha comarca nos primeiros anos do século XX en Galicia.
Cos seus salarios, as traballadoras da fábrica Hilados y Tejidos de Présaras, no concello coruñés de Vilasantar (Betanzos), non só se encargaban de manter a economía familiar mentres os homes quedaban na casa, senón tamén a súa independencia e liberdade. Sobre elas e a súa loita a prol da igualdade de xénero trata o documental
?Tecido Resistente?, dirixido pola xornalista Marina Chiavegatto, que se proxectará o
venres 8 na Biblioteca Municipal, dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional das Mulleres organizados pola Concellaría de Servizos Sociais.
A través dos testemuños de Milagros, Carmen, Lola, María e Julia (ex-traballadoras da fábrica), o audiovisual, distinguido pola Deputación da Coruña co
I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade, achegaranos á historia de loita e superación de centos de mulleres valentes e pioneiras do noso país.
Pero o Día da Muller deixaranos moitos máis nomes femininos porque tras a proxección do documental, que terá lugar ás 19:30 horas, celebrarase un debate-coloquio no que participarán un grupo de mulleres que desenvolveron a súa actividade profesional da década dos 40 ao 60 traballando na antiga mina e como cociñeiras no colexio Eduardo Pondal de Ponteceso.
Como broche final, arredor das 21:00 horas, os/as asistentes poderán desfrutar dun aperitivo mentres intercambian impresións sobre a xornada.
MARINA CHIAVEGATTO, a directora
Brasileira de nacemento, portuguesa de crianza e galega de adopción. Marina Chiavegatto ten 31 anos, é xornalista e traballou en varios medios de comunicación nacionais e internacionais. Desde hai oito anos dedícase ao audiovisual e á comunicación dixital. Tras o seu paso por Bambú Producciones e V Televisión, na actualidade traballa como xestora de contidos dixitais para distintas marcas.
Cre no xornalismo, no poder das historias e na necesidade de loitar por unha representación xusta da muller dentro da sociedade. Foi co-directora do documental ?I ante aquel silencio mudo: Rosalía y Cantares Gallegos? e conta con varios galardóns e recoñecementos no seu palmarés, entre os que destaca o I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade, concedido pola Deputación da Coruña ao documental ?Tecido Resistente?.