Acompañounos a concelleira de Servizos Sociais, Noelia Varela
 550x.jpg)
Unha trintena de nenos e nenas que participan nos campamentos do programa ?Concilia no Verán?, de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, visitaron as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) acompañados polas súas monitoras, Alba Santiago, María Vitureira e Claudia Periscal, e pola concelleira de Servizos Sociais, Noelia Varela.
A visita centrouse na primeira sala do Melga, xa que a continuación o grupo desprazouse á biblioteca do Centro Cultural para ver ao mago Pedro Bugarín en acción.
Para boa parte dos nenos e nenas foi a súa primeira visita ao museo pero estamos seguros de que non será a última.