
Coa novena prevista para hoxe ás 20:00 horas comeza unha nova edición da
Semana Cultural de Brantuas e Niñóns, organizada pola Asociación Cultural Nosa Señora do Faro coa colaboración do Concello de Ponteceso, a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Eduardo Pondal.
Este ano a colaboración institucional non se limita ás actividades. O Concello de Ponteceso vén de acondicionar a ámbolos lados da vía de acceso á Casa dos Veciños de Brantuas e Niñóns unha
zona de aparcamento que facilitará a estancia dos visitantes durante a celebración da Semana Cultural. Podedes consultar o programa na axenda desta páxina web.
Así mesmo, xa está todo listo para a celebración da tradicional
romaría da Virxe do Faro o vindeiro día 8. A Confraría da Virxe do Faro, coa colaboración das parroquias de Brantuas, Niñóns, Corme e Corme Aldea, ten preparado un amplo programa que arrincará ás 07:00 horas con pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas da A. C. Malante polas catro parroquias, antes de acompañar a procesión ata o Faro, onde haberá misas ás 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 horas, esta última no campo da festa. Malante amenizará tamén as merendas.
Na sesión vermú soará a música da Disco Móbil Impacto, Ruth Cundíns e un trío, aos que se sumará a partir das 18:00 DJ Sonic para continuar a animación durante toda a tarde. Como é habitual, haberá carpa.