O Concello de Ponteceso continúa apostando por conservar as nosas tradicións e celebrará o vindeiro 4 de novembro, na vila de Corme un Magosto popular. Como en anos anteriores, o programa inclúe: música tradicional, xogos populares e degustación de castañas asadas. Será na Praza do Pan (se chove na lonxa nova) ás oito da tarde.