Marcha nocturna a pé
6 de agostoO Concello de Ponteceso organiza unha marcha nocturna a pé na parroquia de Corme-Porto. Sairemos ás
22.00h da praza da Ribeira para percorrer: Praza da Ribeira, Candelago (pola Regadiña), Parque eólico, Roncudo (Aldea), Bustelo (abaixo), Pavillón polideportivo, As Forcadas (colexios)
Praia do Osmo, Praia da Arnela, Praza da Ribeira.
Descargas asociadas
Ruta cicloturística
6 de agostoO Concello organiza un roteiro ciclouturístico polas parroquias do Concello. Sairemos ás
10.00h da praza do "Relleno" para percorrer en bicicleta: Praza do Relleno, Paseo Fluvial, A Pesqueira, Anllóns, Tella, Tallo, Viladesuso, Langueirón, Xornes, Pazos, Bugalleira, Tallo, Tella, Ponteceso.
Descargas asociadas
Motofesta en Ponteceso
1, 2 e 3 de agostoMotoristas de toda a península, achéganse ata a esta xuntanza en Ponteceso, que organiza o Motoclube Costa da Morte. O
Campo da Feira da Trabe ponse ata os topes de motoristas.
As filigranas do serán, ante a expectación de todos os achegados, da paso a unha noite longa. Moreas de xentes ateigan cada ano Ponteceso, ata altas horas da mañá.
Festival de habaneras
2 de agostoFestival de habaneras con distintas corais de Galicia organizado pola
Coral Brisas do Mar en colaboración co Concello de Ponteceso.
Será na
Praza do Pan en Corme-Porto ás 21.00h
Contacto
Festas en Tella
26 e 27 de xulloCelebración das
Festas do Sacramento na parroquia de Tella.
26 de xullo:Alboradas con gaiteiros, misa solmemne e actuación das orquestas Novo estilo e Cachito.
27 de xullo:Alboradas con gaiteiros, misa solemne e actuación da orquesta Trebol.
Risoterapia
22 e 23 de xulloSesións de risoterapia en distintas parroquias do Concello.
22 de xullo: No
pavillón municipal en Corme. Ás 20.00h.
23 de xullo: No
salón de plenos do concello. Ás 20.00h.
Xogos e dinámicas grupais que aseguran o
divertimento e desestrés.
Contacto
Obradoiro de animación
2,7, 9, 14, 16 e 21 de xulloAprenderemos a divertirnos con talleres de globoflexia, clown, xogos de lecer, etc.
Para
maiores de 16 anos.
De 20.00h a 22.00h no
Salón de Plenos do Concello de Ponteceso.
Contacto
XV Feira exposición paseo do cabalo en Ponteceso
20 de xulloNas inmediacións do campo de fútbol de "O Pinguel" a partires das 10.00h.
Invitarase a xantar ós xinetes nunha carpa habilitada. Haberá "ponies" para pasear ós nenos. Concurso de barriles e sorteo dunha poldra.
Contacto
Torneo de volei praia
18 de xulloTorneo de volei praia no
Osmo en Corme. Todos os interesados en participar poderán facelo ata antes do torneo.
Inscricións na Oficina Municipal en Corme ou no Concello. O comezo do torneo será
ás 18.30h.
Contacto
Títeres en Ponteceso
18 de xulloO Concello, en colaboración coa Consellaría de Cultura, organiza unha actuación de títeres no Campo da Feira en Ponteceso.
A actuación correrá a cargo de Babaluba e será ás 21.00h.
Contacto