Concilia en Semana Santa
25, 26 e 27 de marzoActividades de conciliación para os máis pequenos (4 a 12 anos) en Ponteceso e Corme.
Xornadas sobre formación
5 de marzoO Servizo de Orientación Laboral dos Concellos de Cabana e Ponteceso, organizan unhas xornadas informativas sobre formación. Será no Centro Cultural ás 17.00h.
Descargas asociadas
Escola de pais e nais
20 de febreiroO mércores,20 de febreiro, ás 5 e media da tarde, terá lugar na Fundación Eduardo Pondal do Couto o 1º obradoiro da escola de pais e nais para o curso 2012-2013. Neste taller contaremos coa participación dunha representante da ONG "Intervida" e tratarase o tema dos Dereitos do Neno. Para facilitar a vosa asistencia, haberá un servizo de contacontos por si queredes traer aos vosos fillos. Os pais e nais interesados en asistir a este obradoiro, poden anotarse nas escolas unitarias ou chamando ao Concello, ao nº: 981 714000.Ext.:51
Baile de disfraces
12 de febreiroDende ás 17.30h no pavillón municipal en Corme. Gran festa con inchables, obradoiros infantís, chocolate e orellas.
Desfile de disfraces
10 de febreiroDesfile de disfraces en Ponteceso ás 17.00h no pavillón municipal en Ponteceso. Unha gran festa con inchables, orellas e chocolate.
Presentación do libro "La Cocina de Juan Bautista"
8 de febreiroJuan Bautista,
xerente do Restaurante A Lareira de Baio, presentará na Biblioteca Municipal en Ponteceso, o seu libro
La Cocina de Juan Bautista. Presentará o acto Mar Varela (xornalista de Radio Voz). Sortearemos un libro entre o público asistente. Será ás oito da tarde.
Exposición Vaidemar
Do 16 de xaneiro ao 8 de febreiroNa Biblioteca Municipal en Ponteceso. O horario de apertura da mesma é de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.
Descargas asociadas
Inicio da Escola Municipal da Terceira Idade
15 de xaneiroActividades para a terceira idade. Todos os martes e venres de 16.00h a 18.00h no Edifcio da ESO, terceiro andar.
Presentación en Tella de Ponte na Fala
13 de xaneiroA Asociación de Veciños de Tella dará a coñecer o proxecto municipal Ponte na Fala na parroquia. Actuarán os informantes do proxecto na parroquia Jesús Martínez, Angelito de Mato, Juan Bermúdez e Paco Luís Abella. Será no local da Asociación ás 11.30h.
Charla arbitral
12 de xaneiroO sábado 12 de xaneiro ás 10:00 no Centro Cultural de Ponteceso vai haber unha charla sobre regulamento de Fútbol Sala, aclaracións, novedades, cambios? que impartirá o delegado de árbitros en Coruña Juan Antonio Castiñeiras Pose. Quen queira asistir a mesma está invitado.