Charla sobre seguridade viaria dentro da campaña de prevención de atropelos
15 novembro 2019Con motivo da campaña de prevención de atropelos que a Policía Local de Ponteceso está a realizar en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, o venres día 15 ás 18:00 horas terá lugar unha charla sobre seguridade viaria para peóns no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme-Porto.
A charla será impartida por Federico Ceniza, coordinador de seguridade viaria da Xefatura Provincial de Tráfico, e por Carlos Andrade, axente da Policía Local de Ponteceso.
Todos os asistentes recibirán un chaleco reflector.