O pavillón municipal de Ponteceso acolleu o 2 de maio a celebración da I Festa do Maior, unha xornada promovida polo Concello coa finalidade de fomentar a convivencia e render homenaxe ás persoas maiores do municipio. A cita reuniu máis de 850 persoas nun encontro marcado polo bo ambiente, a música e o recoñecemento á traxectoria das xeracións que contribuíron ao desenvolvemento de Ponteceso.
A festa estivo dirixida ás persoas de 65 anos ou máis, converténdose nun espazo de encontro para veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio. Ademais das persoas participantes, tamén colaboraron voluntarios, persoal de emerxencias e representantes institucionais.
Durante a xornada serviuse un xantar no que non faltaron pratos tradicionais como a empanada, o polbo e a carne ao caldeiro. A celebración estivo amenizada pola actuación do grupo “O Tren da Unha”, banda de Laxe que puxo música e ambiente a unha tarde de celebración que se prolongou durante varias horas.
O Concello impulsou esta primeira edición coa intención de converter a Festa do Maior nunha cita anual. Tal e como xa indicara o alcalde, José Manuel Mato, no momento da presentación da iniciativa, o obxectivo é trasladar “o respecto e o agradecemento” ás persoas maiores do municipio, recoñecendo o seu esforzo, experiencia e legado.
Desde o goberno local destacouse tamén o valor social deste tipo de encontros, pensados para compartir tempo en comunidade e reforzar os vínculos entre veciños e veciñas.
As persoas asistentes xa poden buscarse nas fotografías da xornada a través da seguinte ligazón.
Ligazóns recomendadas
LUNS 11 DE MAIO: Comezaráse na estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Curras, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e iniciaremos Corme Aldea.
MARTES 12 DE MAIO: Corme Aldea, Froxan, O Picoto, Corme Porto,(R/Vila de Garcia, Camino Paseo Marítimo, Carretera Ponteceso, R/ Rio de Arriba, R/Curbeiro, R/ José de Tecelán.
MÉRCORES 13 DE MAIO: Arnela, Barrio Campo, R/ Real, Corme Porto(R/Nova, R/ Paxariñas, Barrio Regadiños, R/ Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, R/Condes.
XOVES 14 DE MAIO: R/Carral, Paseo Marítimo, C/ Coroto, C/ Xeneral Mourelle, C/ Sol, Paseo Maritimo, Avd. Mariña,Travesía Campiño, R/ Hortas, Barrio Remedios, C/Crego, C/Fontiñas, C/ Real, Praza do pan, Barrio Fontiñas.
LUNS 18 DE MAIO: Cerezo, Carballido, As Gurichas, Lestimoño, R/ Cruceiro, R/Concello, R/ Cuartel, R/ Aduana.
MARTES 19 DE MAIO: Praza do Recheo , R/Paseo Fluvial, Polígono paseo fluvial, Av. Eduardo Pondal, Av. Anllons, Barrio Juncal, R/Teresa Mosqueira Manso, R/ Eduardo Blanco Amor, Praza Campo da Feira, R/ Vereda, Barrio Trabe.
MÉRCORES 20 DE MAIO: Av. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella, Tella, Anllóns.
XOVES 21 DE MAIO: Anllóns, A Garga, R/ Cuñarros, Aldea Tella, A Gándara, Seixos, Petón, Polígono Tella.
LUNS 25 DE MAIO: Tallo, Vilasuso, O Rieiro, Bugalleira, Ameixenda.
MARTES 26 DE MAIO: Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira, Ardabón, A Ponte Dona, Froxan, Xornes.
MÉRCORES 27 DE MAIO: Pazos.
XOVES 28 DE MAIO: Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa, A Costa, A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores.
LUNS 1 XUÑO: O Castro, O Rueiro, Os Anxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira, Brantuas de Abaixo.