Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O cantautor Carlos Blanco Fadol presentará o domingo 30 en Brantuas o seu videoclip ?Gallego?, dedicado ao seu avó, natural da parroquia

O acto, organizado pola asociación cultural Nosa Señora do Faro en colaboración co Concello de Ponteceso, terá lugar as 12:00 horas no local da entidade

Gustaríache ver o alumeado de Nadal de Vigo? Inscríbete na visita guiada que faremos o día 4

As inscricións poden realizarse hoxe e os días 2 e 3 de xaneiro en horario de 09.00 a 14.00 e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio

O Museo de Corme acollerá o domingo 30 un espectáculo teatral baseado na igualdade de xénero da man de Teatro dos Ghazafelhos

?Iriña Bailarina? é o título desta novidosa proposta que a Concellería de Turismo achegará ao público infantil e familiar, totalmente de balde, a partir das 18 horas

A compañía de teatro TrinkeTrinke volve a Ponteceso polo Nadal para presentar o contacontos infantil ?O Ratiño Presumido?

O espectáculo, organizado pola Área de Normalización Lingüística, terá lugar o venres 28, a partir das 18 horas, na Biblioteca Municipal

O Museo de Arte Contemporánea de Corme acollerá a presentación dun libro sobre o fotógrafo laxense José Vidal

-Xan Fernández Carrera, autor da obra, estará acompañado polo historiador Luis Giadás e por Plácido Vidal, neto do protagonista

-O acto, organizado pola Área de Biblioteca, será o sábado 29 ás 19.30 horas

XXII Certame de Corais Polifónicas Nadal 2018

Este sábado 22 agardámoste no XXII Certame de Corais Polifónicas do Nadal. Sairán dous autobuses ás 19.30 h desde a igrexa de Corme e a praza de Xornes e irán recollendo a todas as persoas que queiran acompañarnos de camiño ao Edificio das Escolas en Ponteceso, onde actuarán as agrupacións.

O Concello de Ponteceso concede 20 vales de Nadal, por valor de 60 ? cada un, a familias en risco de exclusión social

Esta iniciativa, promovida polo departamento que dirixe Isabel Vuelta, pretende axudar ás economías familiares máis modestas de cara ao Nadal

Ponteceso converterase este sábado 22 na sede da Liga de Babybasquet promovida pola Federación Galega de Baloncesto

Na competición, que se celebrará de 10 a 14 horas no pavillón municipal, participarán 24 equipos da provincia da Coruña e máis de 200 nenos e nenas de 4 a 7 anos de idade

O departamento de Normalización Lingüística promove un encontro cultural entre alumnado do IES Eduardo Pondal e tres escritores

A cormelá Diana Varela, o neozelandés Charles Olsen e o poeta toledano Villo Argumanez visitarán o centro pontecesán para falar sobre lingua e poesía


1  2  3  4  5  6 ... 27

Concello de Ponteceso