Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Ciclo de Teatro de Ponteceso cumpre 25 anos co obxectivo de impulsar a creación dunha compañía local

Representantes das compañías que actuarán todos os sábados de novembro no Edificio das Escolas acompañaron á técnica de Cultura e ao alcalde na presentación do cartel

O Concello de Ponteceso pon en marcha un servizo de recollida de aceite a particulares porta a porta e de balde

A partir de mañá, a empresa Collecting Oil entregará botes de 10 litros de capacidade ás familias interesadas para que poidan almacenar o aceite ata a data de recollida

A Concellaría de Turismo organiza para o 10 de novembro en Corme un magosto popular no que, ademais de castañas, haberá música e xogos populares

O Concello de Ponteceso tamén colabora na festa infantil de Samaín que celebrará o día 31 a Asociación de Empresarios

Tradición e sabor daranse cita esta fin de semana na XXVIII Feira das Fabas e outros produtos da terra

Ademais da tradicional fabada haberá actuacións musicais, pasarrúas e, o domingo, degustación de tapas en varios establecementos de hostalaría

A Concellería de Servizos Sociais organiza un taller de memoria en Brantuas do 13 de novembro ao 17 de xaneiro

O prazo de inscrición estará aberto do 29 de outubro ao 2 de novembro. Hai 15 prazas!

A Biblioteca Municipal acollerá o xoves 25 unha charla-exposición do fotógrafo naronés Lucas Blanco

A desigualdade e a inxustiza nos campos de refuxiados centrarán a actividade, organizada pola Concellaría de Educación

Convocadas as axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 19 de novembro


1 ... 5  6  7  8  9 ... 27

Concello de Ponteceso