Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Área de Biblioteca organiza para o venres 16 un obradoiro teatral para nenos/as e as súas familias impartido por Os Quinquilláns

A novela de Xosé Neira Vilas ?Espantallo amigo? será o eixo central deste creativo e interactivo taller, que comezará ás 18.00 horas

Este outono, na Área de Biblioteca de Ponteceso as actividades lúdicas e culturais sucédense semana tras semana co obxectivo de promover a animación á lectura desde a infancia a través de propostas didácticas, divertidas e participativas. Se na última sesión o cómico Pedro Brandariz e a súa ?A castaña medoñenta? lograron encher de risas e fantasía a Biblioteca Municipal, a seguinte cita non vai ter nada que envexar. O venres 16, a compañía de teatro Os Quinquilláns impartirá un divertidísimo obradoiro no que poderán participar nenos e nenas de todas as idades xunto coas súas familias.

A imaxinación e a creatividade serán as principais protagonistas deste taller teatral, organizado polo departamento que dirixe Carlos Penedo, e inspirado na novela infantil de Xosé Neira Vilas ?Espantallo Amigo?. Lucho Penabade e Tero Rodríguez serán os encargados de conducir este taller interactivo, de dúas horas de duración, no que personaxes da obra (merlos/as, paxaros, cans/cadelas, gatos/as e veciños/as) conviven co espantallo que o Tío Ramón de Reborneda fixo para gardar a súa figueira.

Gustaríache formar parte deste divertidísimo espectáculo? Pois agardámoste a partir das 18.00 horas na biblioteca. Non faltes! Será de balde!

Concello de Ponteceso