Os veciños interesados poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais
Co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que padecen déficit auditivo, a Fundación Amplifón vén de anunciar a concesión dunha serie de
axudas para persoas que padezan perda de audición e estean en situación de vulnerabilidade social, de maneira que poidan volver a ser plenamente activas e recuperar unha comunicación totalmente satisfactoria que lles permita desfrutar en todas as situacións da vida diaria.
O departamento que dirixe Isabel Vuelta Gónzález facilitará ás persoas interesadas unha folla de derivación ou solicitude, que deberá entregar (previa cita online) en calquera centro auditivo de Amplifón para poder beneficiarse de servizos como a doazón de audiófonos (previa valoración), subvencións de ata un 75 % nos aparatos, adaptacións infantís, estudo auditivo de balde e asesoramento e xestión de axudas. Os gabinetes máis próximos á nosa localidade atópase na cidade da Coruña, con enderezos en R/Francisco Mariño, 14 (981 295763) ou Avda. Oza, 71 (981 137 681).
Para poder optar á subvención concedida pola Obra Social da Fundación, os/as solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:
-Padecer problemas auditivos
-Dispoñer de baixos recursos económicos (renda per cápita inferior a 700 ?)
-Posuír a correspondente valoración da traballadora social do Concello.
Para
máis información, os/as interesados/as poden acudir ás oficinas municipais ou chamar ao 981 714 000.