Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Ciclo de Teatro de Ponteceso bateu un récord de público nesta 26ª edición cun total de 900 espectadores en cinco funcións

O salón de actos do Edificio das Escolas encheuse en todos os espectáculos

Público de "Vida de cans"O Ciclo de Teatro de Ponteceso bateu nesta edición o récord de público dos seus 26 anos de historia. Un total de 900 espectadores asistiron ás cinco funcións que se celebraron no salón de actos do Edificio das Escolas ao longo do mes de novembro. As limitacións do espazo provocaron moitísimas estreiteces, e aínda que intentamos sacarlle o máximo rendemento ao local, nalgunha ocasión tivo que quedar xente fóra. Dende a área de Cultura pedimos desculpas unha vez máis polas incomodidades e agradecemos o comportamento dun público excepcional.

Ao longo do mes de novembro fixemos un percorrido polo teatro galego máis actual e convertemos á muller en protagonista do noso Ciclo de Teatro con espectáculos como ?Elisa e Marcela?, da compañía A Panadaría; ?Cinco mulleres que comen tortilla?, de Señora Supina, ou ?Bernarda?, de Malasombra. Ademais, a semana pasada rimos a gargalladas cos ?Cranios privilexiados? de Mofa&Befa, e este sábado volvemos a gozar de teatro de calidade con Talía e a súa divertida ?Vida de cans?.

O éxito deste Ciclo de Teatro, plenamente consolidado despois de 26 anos de historia, cun público fiel e novos espectadores que se lle unen en cada edición, é un dos numerosos argumentos a favor do proxecto de construción dun auditorio en Ponteceso.

Dende o goberno municipal seguimos a traballar para realizar no Edificio das Escolas as reformas precisas para dispoñer dun espazo cultural con capacidade para 400 persoas que nos permita dar cabida á crecente afección ao teatro no noso concello e na contorna, pero tamén a outros moitos espectáculos, ademais de dinamizar un área educativa na que se concentran cada día centos de nenos e mozos.

Concello de Ponteceso