Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O goberno local impulsa a tramitación para a construción dun centro de investigación, formación e coidado de persoas maiores en Bardaio

O goberno local de Ponteceso retoma e impulsa a tramitación para a construción dun centro de investigación, formación e coidado de persoas maiores en Bardaio (Cores). O paso inmediato é a aprobación dun plan especial de infraestruturas en solo rústico e de núcleo rural, un instrumento urbanístico imprescindible para que o proxecto poida converterse en realidade. Tras a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local abrirase un período de información pública de dous meses, que permitirá a todas as persoas interesadas consultar a documentación e, de ser o caso, formular alegacións.

O proxecto de construción do dentro de investigación, formación e coidado de persoas maiores en Bardaio desenvolverase en tres parcelas próximas ao núcleo rural histórico de Bardaio e que teñen, en conxunto, unha superficie de 20.364 metros cadrados. A implantación deste equipamento sanitario-asistencial suporá, como se aprecia na recreación, a construción dunha serie de volumes semellantes en canto a volume aos existentes no núcleo, cunha altura máxima de 7 metros; acordes coa paisaxe, distribuídos na parcela como volumes independentes e ntercomunicados mediante pasos lixeiros translúcidos de mínimo impacto visual.

Cada volume terá diferentes usos: zonas comúns, zonas de servizo e zonas
habitacionais. A parcela manterase no seu estado natural na maior parte da súa superficie, garantindo a continuidade da paisaxe natural, e reservando a mínima parte imprescindible a acceso e aparcamentos. O proxecto inclúe, así mesmo, a dotación dos servizos urbanísticos precisos, como redes de abastecemento de auga e saneamento.

Concello de Ponteceso