Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso habilita o sistema de cita previa para a atención presencial nas dependencias municipais

Para calquera trámite administrativo que precise atención presencial o Concello habilita o sistema de CITA PREVIA.

Pódese solicitar:
1º A través da páxina web municipal www.ponteceso.gal na pestana ?Formulario Cita Previa? ou ben a través da Sede Electrónica en ?Solicitude de cita previa?.
2º A través do correo electrónico concello@ponteceso.gal.
No caso de utilizar este sistema, o cidadán debe indicar:
? Nome completo
? DNI/NI
? Teléfono de contacto
? Correo electrónico
? Preferencia horaria para ser atendido nas dependencias municipais
? Departamento ao que se dirixe
? Si se trata dunha consulta urxente ou non.
3º A través do teléfono 981.714.000

Prohibida a permanencia nos edificios municipais sen respectar o distanciamento social de 2 metros coa persoa precedente.

Concello de Ponteceso