Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Deputación publica axudas para o emprendemento e a contratación de xóvenes

O Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego da Deputación da Coruña publicou as bases de dous proxectos destinados a fomentar o emprendemento e o emprego xuvenil: PEL rurinnova e PEL relevo.

PEL RURINNOVA. Ten como obxectivo o fomento do autoemprego e da creación de empresas para menores de 30 anos mediante a posta en marcha de 60 proxectos empresariais innovadores. Requisitos:
a) Incorporarse ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (en adiante RETA), xa sexa como persoas físicas ou xurídicas, desde o 1 de abril de 2019.
b) No caso de alta no RETA como persoa xurídica e sendo esta a solicitante da axuda, só poderá incluír na súa solicitude as altas no RETA de persoas xóvenes socias que cumpran os requisitos especificados.
c) No momento da solicitude desta axuda, as persoas teñen que ter unha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos. Unha vez cumpridos 30 anos, poderán ser destinatarias da axuda se a solicitan antes de que transcorran 4 meses. En caso de que unha persoa cumpra os 30 anos e 4 meses mentres participe nas actuación do proxecto, poderá manter a súa participación.
d) Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de forma previa a alta no RETA.
e) Estar empadroadas en calquera localidade dos territorios rurais obxecto desta axuda e residir durante todo o período de vixencia da subvención en algún dos 64 municipios.
f) Establecer o domicilio fiscal e/ou centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.
g) Admítese o teletraballo ou a existencia dun centro de traballo itinerante, tendo en conta sempre que a persoa autónoma resida nun dos concellos incluídos no ámbito do proxecto.
h) Estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes tributarios en relación coa Lei Xeral de Subvencións.
i) Estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes coa Seguridade Social en relación coa Lei Xeral de Subvencións.
j) Estar ao corrente nos seus deberes tributarios coa Deputación da Coruña.
k) Presentar o proxecto empresarial e recibir unha valoración favorable por parte da Deputación da Coruña.

PEL RELEVO. Enfócase cara as empresas, axudando á contratación de 80 xóvenes en situación de desemprego. Requisitos:

1. COMÚNS A PERSOAS FÍSICAS E XURÍDICAS
a) Domicilio fiscal e/ou centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.
b) Estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes tributarios en relación coa Lei Xeral de Subvencións.
c) Estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes coa Seguridade Social en relación coa Lei Xeral de Subvencións.
d) Estar ao corrente nos seus deberes tributarios con la Deputación da Coruña.
e) A actividade profesional da empresa/empregadora deberase levar a cabo con anterioridade á data de solicitude e manterse de modo efectivo ao longo do período temporal declarado do contrato da persoa.

2. REQUISITOS DAS PERSOAS CONTRATADAS/A CONTRATAR
a) No momento da formalización do contrato obxecto de axuda, teñen que ter unha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos. Unha vez cumpridos 30 anos, poderán ser destinatarias de actuacións se inician a súa participación antes de que transcorran 4 meses. En caso de que unha persoa cumpra os 30 anos e 4 meses mentres participe no proxecto, poderá manter a súa participación.
b) Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de maneira previa á formalización do contrato.
c) Estar empadroadas en calquera localidade dos territorios rurais obxecto desta axuda e residir durante todo o período de vixencia da subvención nalgún dos 64 municipios.
d) As persoas participantes non poderán figurar como contratados máis dunha vez a non ser que se trate de empresas diferentes.

3. REQUISITOS DO CONTRATO
a) Contrato efectuado baixo a modalidade de indefinido a tempo completo.
b) Poderase admitir a modalidade de contrato a distancia ou teletraballo ou a existencia dun centro de traballo itinerante, tendo en conta sempre que persoa contratada resida nun dos concellos incluídos no ámbito do proxecto.
c) O contrato terá que estar comunicado ao Servizo Público de Emprego de Galicia e formalizado nos modelos estandarizados establecidos.
Podedes consultar toda a información da convocatoria das axudas nos seguintes enlaces:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/07/20/2020_0000004791.html

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/07/20/2020_0000004807.html

Concello de Ponteceso