Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Remata o primeiro mes dos campamentos Concilia

O programa continuará ao longo do mes de agosto

Onte rematou o primeiro mes dos campamentos Concilia, pero as actividades continuarán ao
longo do mes de agosto para os nenos e nenas que participan. Ao longo da próxima semana, as
actividades a realizar serán as seguintes: flashmob, xogos musicais, bolsas sensoriais, pinturas
na escuridade, saída e recollida de vexetación para a creación dun mural, elaboración de xabón
caseiro, xogos de relevos, obradoiro de cocina e bolas antiestrés.
Ademais das actividades programadas, cada día levaranse a cabo saídas ao parque, distintos
tipos de xogos: dirixidos, semidirixidos, etc. e tamén gozarán dun tempo de xogo libre, algún
deles con inchables.
Cada martes e xoves terán unha hora de reforzo educativo acordada previamente. As
actividades no exterior poderán ser modificadas segundo a climatoloxía.

Concello de Ponteceso