Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aumentan os casos de covid-19 no concello de Ponteceso

Actualmente, o municipio conta con 33 casos positivos confirmados

A día de hoxe, o concello de Ponteceso conta con 33 casos activos confirmados de covid-19. Sanidade ten en seguimentos aos afectados, confinados os seus domicilios, e rastrexa os seus contactos estreitos.
O Concello de Ponteceso ponse á disposición das persoas que deran positivo polo virus ou que se encontren confinadas, para todo o que sexa necesario. Ante o preocupante aumento de casos, o órgano rexedor fai un chamamento á poboación para incrementar o distanciamento social e o cumprimento das normas de prevención de propagación do covid-19
Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Concello de Ponteceso