Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Comeza a Semana Pondaliana cun concerto de Antía Muíño

O acto celebrarase o próximo luns 12 de outubro, ás 17.00 horas, na Fundación Eduardo Pondal

A Concellería de Normalización Lingüística, encabezada polo concelleiro Salvador Eiroa, comeza o próximo luns 12 de outubro coa Semana Pondaliana, na que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Para amenizar esta primeira xornada, a Fundación Eduardo Pondal acollerá ás 17.00 horas do luns un concerto da marabillosa Antía Muíño.

Debido á necesidade de respectar as normas establecidas para a prevención do covid-19, o aforo máximo será de 60persoas, por orde de chegada.


Concello de Ponteceso