Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso conmemorou o Día Internacional da Muller Rural cun acto no que participaron varias mulleres residentes no municipio

O Concello de Ponteceso conmemorou este xoves, 15 de outubro, o Día Internacional da Muller Rural mediante un acto celebrado ás 18.30 horas na Biblioteca Pública Municipal do que formaron parte o alcalde da localidade, Lois García Carballido, Noelia Varela, concelleira de Servizo Sociais e Igualdade, e Maite Chouciño, titular da área de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio.
Neste acto, varias residentes no municipio relataron a súa experiencia vital como mulleres procedentes do ámbito rural. As tres participantes foron Manuela Ures Blanco, empresaria dun taller téxtil en Pazos, Lucía Lorenzo Lantes, propietaria dun invernadoiro e dunha casa rural, e Amparo Romero Castro, percebeira recentemente xubilada.
O traballo e a asistencia ao acto destas tres mulleres foi recoñecido mediante a entrega dunha peza de barro e un diploma.

Concello de Ponteceso