Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A partir de mañá, a biblioteca e os museos de Ponteceso permanecerán pechados debido ás novas restricións

O Melga, o MACCMO e a biblioteca municipal pecharán ata novo aviso

Debido ás novas restricións anunciadas onte polo Comité Clínico da Xunta de Galicia, a partir de mañá, mércores 27 de xaneiro, a Biblioteca de Ponteceso, o Melga e o Museo de Arte Contemporánea de Corme permanecerán pechados ata novo aviso.

Durante o tempo que non se poida acceder, podes contemplar as obras expostas no Museo de Arte Contemporánea a través da visita guiada virtual, na ligazón adxunta.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso