Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Publicadas as bases do Plan de Emprego de Ponteceso

Os aspirantes aos postos ofertados dispoñen dun prazo de sete días hábiles para presentar as súas solicitudes

Hoxe, martes 9 de febreiro, publicouse a convocatoria para a cobertura inicial das prazas de persoal laboral de carácter temporal de 1 condutor, para os vehículos municipais adscritos ao alumeado público municipal, obras e servizos; 2 prazas de albaneis, para realizar tarefas varias no mantemento de vías públicas municipais; e 2 prazas de operario de servizos xerais que terán como cometido a limpeza viaria e traballos de mantemento de vías públicas municipais. A xornada de traballo será a xornada completa en todas as prazas, cunha duración de contrato de 8 meses.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán presentaranse preferiblemente por vía electrónica (https://sede.ponteceso.gal), a través do formulario de solicitude que figura como Anexo I ás bases, así como a
declaración responsable que figura como Anexo II, nun prazo de sete días hábiles.

Tamén poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do concello ou en calquera dos lugares establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común, os referidos Anexos I e II.

Pódense consultar as bases completas no arquivo adxunto.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso