Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Dúa de Pel ofrecerá o próximo venres 12 de febreiro o seu concerto Capilla de Náufragos

O evento poderá seguirse a partir das 13:00 a través da páxina de Facebook do Concello de Ponteceso

O próximo venres, 12 de febreiro, desde ás 13:00 horas, a agrupación Dúa de Pel ofrecerá o seu segundo concerto desde o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte de Corme (Ponteceso), como parte da serie de actuacións que levarán a cabo nestas semanas.

O evento, titulado Capilla de Naufragios, poderá seguirse en directo a través da páxina de Facebook do Concello de Ponteceso. A formación musical interpretará un repertorio conformado polas pezas Intropel, Ausencias, A la orilla del río, Cuerpos, Duelo congelado, Hermana del fuego e Negra sombra.

Concello de Ponteceso