Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Publicados os datos de recollida de RUE no mes de xaneiro

Durante o pasado mes de xaneiro, a empresa Collecting Oil levou a cabo por primeira vez o proceso de recollida de residuos urbanos especiais. Segundo os datos aportados pola empresa, recolléronse un total de 4.444 quilogramos (4.937 litros) de aceites de cociña usado, 100 quilogramos de graxas e mantecas, 1.218 quilogramos de roupa e téxtil, 108 quilogramos de bombillas, 824 quilogramos de restos metálicos do fogar, 326 quilogramos de pilas, 77,5 quilogramos de baterías de chumbo, 97 quilogramos de cartuchos e tóner, e 1.205 quilogramos de aparellos eléctricos e electrónicos.

A empresa valorou os datos de recollida como bos, malia que a participación nos novos residuos non foi moi alta, “pero como todo novo servizo teñen que irse habituando”.

Concello de Ponteceso