Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Finalizado o maior aglomerado da historia de Pazos, 1.2 kms en Pazos de Arriba

O arranxo de 1,2 km en Pazos de Arriba, en continuacion co anterir proxecto de asfaltado no xardin, deixa co mellor acceso viario a ducias de fincas urbanizables e miles de metros cadrados para construír vivendas unifamiliares. O Alcalde de Ponteceso e as concelleiras Noelia Varela e Maite Chouciño comprobaron o traballo de apertura de arquetas e levantado de tapas, unha vez concluído o aglomerado dos 1.2kms de pistas.

O traballo de mellora consistiu nas seguintes obras. Nunha lonxitude total de 1.095 m e cun ancho medio de 3,5 m mellorouse o pavimento dos camiños de Pazos de Arriba coa extensión dunha nova capa de 5 cm de aglomerado en quente previo ensanche dos mesmos en 0,5 m e bacheo con 10 cm de grava e rega semiprofunda.

Tamén se mellorou a rede de drenaxe coa reapertura de gabias e limpeza de salvagabias, coa canalización de 430 m de tubaxe de PVC Ø400, a execución de 1.095 m de berma formigonada e a instalación de 20 arquetas con sumidoiro e 5 m de caz con reixa. Completouse a actuación do repintado das marcas viais. e a colocación de 5 sinais octogonais de stop.

Concello de Ponteceso