Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Agradecemento do Concello de Ponteceso á Deputación polo comezo das obras de renovación do primeiro tramo da estrada de Pazos a Corme, 3 quilómetros entre a Campara e o cruce da Ourada

Mañá, mércores 21 de abril, a empresa adxudicataria Arias Hermanos dará comezo ás obras de asfaltado do primeiro dos tramos da estrada de Pazos e Corme, de 3 quilómetros, entre a Campara e a Ourada, máis en concreto ata o cruce no que se atopa a fonte e a estrada que sobe á capela da Nosa Señora da O na Ourada, Cores. O alcalde de Ponteceso amosouse enormemente agradecido co Presidente e o Goberno da Deputación Provincial da Coruña.

O ALCALDE PEDIRÁ AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O ARRANXO DUNHA DAS PRINCIPAIS ARTERIAS DE COMUNICACIÓN ENTRE PAZOS E CORME
O presidente da Deputación Provincial, Valentín González Formoso, recibiu do alcalde a solicitude de arranxo dunha das principais arterias de comunicación entre Pazos e Corme. Desta solicitude xorde este primeiro tramo, un proxecto de 369.774,72 euros, adxudicado en 291.707,85 euros.

O alcalde de Ponteceso confía en conseguir o resto dos tramos: “O compromiso da Deputación con Ponteceso está á vista. Imos pedir o resto dos tramos, porque esa estrada une a metade das parroquias do Concello e é esencial para o turismo e fixar poboación, que se move traballar a diario ás cidades".

Concello de Ponteceso