Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo para inscribirse na Campaña de Vela e Windsurf 2021 da Deputación da Coruña, na que participa o Concello de Ponteceso

O Concello de Ponteceso participa na Campaña de Vela e Windsurf 2021 da Deputación da Coruña, na que poderán inscribirse todos os nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña e nacidos entre o 1 de xaneiro do 2003 e o 31 de decembro do 2012, ambos incluídos.

A quenda de Ponteceso celebrarase do 26 ao 30 de xullo no peirao de Corme, e conta cun total de 40 prazas, 20 en horario de mañá e 20 en horario de tarde. A selección dos nenos e nenas participantes realizarase por sorteo, reservando 8 prazas en cada curso para os empadroados en Ponteceso. Ademais, será necesario un mínimo de 15 nenos/as inscritos para a celebración de cada curso.

O prazo para presentar as solicitudes está aberto e rematará o 9 de xullo. A Inscrición pódese realizar a través da sede electrónica ou nas oficinas municipais, con cita previa. Debe presentarse a seguinte documentación: ficha de inscrición cuberta e asinada por nai/pai/titor, certificado ou volante de empadroamento, fotocopia do DNI ou libro de familia, xustificante de pago (unha vez se teña confirmada a praza), e, en caso de tratamento médico ou doenza, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
Para calquera dúbida, pódese contactar co Departamento de Deportes do Concello de Ponteceso, a través do número de teléfono 616 485 520.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso