Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A sétima ruta de “Camiñar na noite” celebrarase o próximo venres

Os participantes percorrerán A Bugalleira nunha andaina que comezará ás 21:30 horas

O próximo venres, 24 de agosto, o programa “Camiñar na noite”, organizado polo Concello de Ponteceso, celebrará a súa sétima xornada cun percorrido pola Bugalleira. A ruta, de seis quilómetros, partirá da Praza ás 21:30 horas e terá unha duración aproximada de dúas horas.

As prazas son limitadas, polo que é necesario anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso