Nesas datas celébranse as festas da Virxe
do Carme e da Barquiña
O Diario Oficial de Galicia publicou este luns, 22 de novembro, a relación de festivos
locais elixidos polos concellos para o próximo ano. En Ponteceso, por acordo plenario,
serán o sábado 16 de xullo, Día da Virxe do Carme, e o luns 12 de setembro, xornada na
que se celebra a Festa da Barquiña.
Proximamente enviarase ao boletín institucional unha rectificación do que emitiu este
luns, pois equivocamente sinálase o 13 de setembro. Neste 2021 os festivos locais foron
o 13 e o 14 de setembro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211122/AnuncioG0599-151121-0002_gl.html