Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Cursos e actividades

Campaña de inverno 2020

Campaña de inverno 2020
O Concello de Ponteceso volve a participar na tradicional Campaña de Inverno que organiza a Deputación Provincial da Coruña para iniciar ao esquí a nenos e nenas de 11 a 15 anos.

Ao noso concello correspóndenlle 4 prazas para esquiar en Cabeza de Manzaneda na quenda comprendida entre o 7 e o 10 de febreiro.

Os/as interesados/as poderán realizar a preinscrición ata o 4 de decembro no Departamento de Deportes.

No caso de que haxa máis solicitudes ca prazas realizarase un sorteo.

Concello de Ponteceso