ponteceso turismo

Turismo :: Entornos Naturais

Entornos Naturais

Praias e portos

Praia de Balarés

Ponteceso brinda aos seus visitantes inesperadas e agradables sorpresas, ofrecéndonos unha ollada viva e fermosa das súas paisaxes, espazos naturais e praias de fina area branca. Talvez esas praias, moi concorridas na época estival, son o aspecto turístico máis salientable do Concello.

A praia de Balarés (350m de lonxitude) é, sen dúbida, unha das paraxes máis fermosas do Concello. Situada ao abeiro da ría de Corme e Laxe, é unha praia visitada por miles de persoas durante a época estival. Balarés conta con bandeira azul neste ano 2009, e dispón de numerosos servizos, entre os que destaca a presenza dun restaurante ao pé da praia, aparcadoiro, duchas, paseo marítimo, rampas de acceso para minusválidos, servizo de limpeza diario, vixilancia, sinalización do estado do mar e W.C. adaptados minusválidos.

Moi preto da praia hai un peirao dende onde se exportaba Wolframio na segunda guerra mundial para os alemáns. Accédese dende Ponteceso tómase a estrada cara a Corme. Ao chegar a Cospindo existe un desvío á esquerda na indicación cara a Balarés, chegando á praia. Continuando pola costa, ao sur, encontramos a praia da Barra, de fermosas dunas, que dá entrada ao Esteiro do río Anllóns, de gran valor ornitolóxico.

A praia de Niñóns (250 m), nesa mesma parroquia e de area fina como a anterior, é outra das máis fermosas e concorridas. O visitante disfrutará ademais dunha espectacular ollada ao mar. Atópase fronte ao Porto de Santa Mariña, un tradicional porto de pescadores que merece ser visitado polas súas extraordinarias vistas. Para chegar a ela dende Ponteceso, tómase a estrada cara a Malpica. Ao chegar ao cruce de A Campara tómase o desvío cara a Corme. Ao chegar á parroquia de Brántuas, existe un desvío cara a Niñóns. Ao chegar a Niñóns existe outro desvío cara á praia.

O porto de Corme forma unha das máis fermosas estampas da ría e da Costa da Morte. O porto é fundamentalmente marisqueiro e pesqueiro, e no seu Cabo Roncudo, a 2,3 Km da vila cara o NO, considérase que comeza a denominada “Costa da Morte”. Ten dúas praias importantes, o Osmo e a Arnela, e varias calas como son as de: “Area das Cunchas”, Gralleiras e a Insua, situadas estas no camiño que leva ó cabo Roncudo. Un dos lugares máis vistados en Corme-Porto é sen dúbida o Cabo Roncudo. Nesta zona crecen os mellores percebes do mundo, que xogan un papel vital na economía do pobo e do Concello. Alí repousan as dramáticas “Cruces da Ribeira” en recordo dos desaparecidos neste mar tan bravío e o impoñente Faro do Roncudo.

A praia da Ermida, a 2 km do porto de Corme, ofrece ao visitante outra oportunidade de dsifrutar dun relaxado baño, un fermoso merendeiro e unha vista da Illa da Estrela, con moita historia.

Paisaxes

Mirador natural do Monte Branco

O Concello de Ponteceso ofrece moitas frondosas paisaxes naturais ao visitante, para disfrutar dun tranquilo paseo pola natureza. O río Anllóns percorre o sur do municipio até a desembocadura na enseada da Insúa, paraxe de gran riqueza. Na parroquia de Anllóns atópase a “Sáima”, lugar de gran beleza que abastece de auga o municipio. Esta paraxe fluvial, que foi un destacado coto salmoeiro, ofrece ademais a oportunidade de practicar a pesca. Existe unha área recreativa no Campo do río Anllóns, onde pode disfrutarse de recreo e entretemento.


Continuando a costa ao oeste, en dirección á praia de Balarés, encontramos o mirador natural do Monte Branco, con espectaculares vistas panorámicas do Concello e do mar, que talvez só poden compararse cos que podemos observar desde o Monte do Faro, na parroquia de Brantuas, onde se atopa unha torre de 39 m. de altura. Na parroquia de Xornes encontramos a Ponte de Pontedona, onde podemos pasear a carón do río Anllóns con destino ao refuxio natural de Verdes. As áreas recreativas contan con equipamento de descanso e de tempo de lecer: mesas, asentos, merendeiro, xogos para os nenos, etc.

Ensenada da Ínsua

A Ensenada da Ínsua (na desembocadura do río Anllóns, ocupa una superficie moi ampla de máis de 100 hectáreas de ecosistemas de río, sistema dunar, costa rochosa e monte baixo, ten unha gran riqueza ornitolóxica de aves de paseo e invernantes).

O cabo Roncudo

Vista do cabo Roncudo

Neste cabo é onde crece un dos mellores percebes de Galicia. Desde o porto de Corme sae unha estrada que se dirixe cara á punta Roncudo. A estrada vai bordeando o mar e desde ela podemos deleitarnos con fermosas vistas sobre a ría e a vila de Laxe. A Punta Roncudo remata onde hai un pequeno faro.

O ronquido que produce o mar neste punto ao romper con forza nos cantís suponse comoa a hipótese máis correcta sobre a orixe do topónimo.

© by Abertal