ponteceso turismo

Lugares de Interese :: A Graña

Galería de fotos

Parroquia da Graña


Vista da parroquia da Graña

Neste lugar situouse o hoxe desaparecido Mosteiro de Almerezo fundado por San Rosendo no ano 867, polo que é considerado un dos mas antigos de Galicia.

A construción que hoxe vemos, do século XVII, é barroca. A súa sinxela fachada remata nunha fermosa espadana ben decorada. A igrexa conserva aínda uns canzorriños románicos que podemos apreciar baixo o aleiro e que constitúen os únicos testemuños da súa primitiva construción.


No ano 1178 Fernando II, rei de Galicia e León, dóao ao Mosteiro cirterciense de Sobrado. Os bernardos de Sobrado desecan a Xunqueira do Anllóns, reducindo o antigo señorio de Almerezo a unha “grana” ou granxa, dependendo de Sobrado dos Monxes. De aí o nome actual de A Graña.

O patrón da parroquia, que tamén é o dos panadeiros, é San Vicente, invocado na beizón do pan cando este se enforna “San Vicente te acrecente como o millo no semente”.

Pero ten máis sona outro Santo, San Bernardo, por mor da influencia dos monxes bernardos de Sobrado, ao que se lle dedica unha importante romaría os días 20 e 21 de agosto.

“Meu San Bernardiño,
feito de pao de ameneiro,
axuda a sanar o meu pai
como che piden os romeiros”


© by Abertal