ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Anllóns

Galería de fotos

Parroquia de Anllóns


San Fiz de Anllóns

A igrexa de San Fiz de Anllóns é de estilo Barroco, aínda que a súa orixe é románica. Da primitiva construción conserva a súa sinxela portada con capiteis corintios, os canzorriños que terman do aleiro lateral, o pavimento do adro e o adro que gorece un retablo barroco. Tamén é barroca a espadana que acolle as sonadas campás de Anllóns.

Eduardo Pondal, o poeta, bardo de Bergantiños, adicoulle un poema “A campana d´ Anllóns” publicado en galego en 1962:

“E ti campana d´Anllóns,
Que tristemente tocando,
derramas nos corazóns
un balsamo doce e brando
de pasadas ilusións !
…………
Alá, nos pasados ventos,
primeiros da miña vida,
ouzo os teus vagos concetos,
reló dos tristes momentos
da miña patria querida

¡Cantas veces te lembrou
O que marchounpara a guerra, ¡!!
cando a súa nai deixou,
partindo para extraña terra
de Baneira t´escoitou ¡

Campana, se polo verán
ves lumiar na Ponteceso
a cachela de San Xoan
dille a todos que eu estou preso
nos calabozos de Orán


© by Abertal