ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Área de ocio A Garga

Galería de fotos

Área de ocio A Garga


Ponte da Garga

Parroquia:Anllóns(San Felix)
Lugar: A Garga
Coordenadas:Latitude:43º 13´40” N -Lonxitude: 8º 51´11” W,

Descrición:
É un merendeiro –area recreativa, situado nun entorno natural, a carón do río Anllóns e da ponte da Garga- declarado BIC.-Ben de Interese Cultural.
É un entorno con árbores e un gran salgueiro chorón, que proporcionan unha magnífica sombra.

Servizos:
A área recreativa ten bambáns e xogos infantis, mesas, bancos de pedra e asadeiros con grellas

Da área recreativa, sae un sendeiro de pescadores a carón río ata “ A Saímia” un precioso paraxe natural de río con cascada e muiños, ao que que se lle chega a pé a carón do río uns 15 minutos. Tambien sale unha ruta de senderismo a carón do río Anllóns, ésta ruta tene un percorrido de 15 km, hasta el refugio natural de Verdes, ainda que tamén hai a posibilidade de facela por tramos, xa que a lo longo do percorrido hai varias pontes, (4), que dan a estrada, con acceso para coche e autobús

Accesos:
De Ponteceso, deixando a farmacia a esquerda-subindo- sae a estrada AC-432, a 1km. está o cartel do pobo de Anllóns, 300m máis adiante a dereita hai un panel informativo -indicando a área recreativa-, por detrás dese panel baixa unha estrada cuberta por un arboredo, que leva a ponte da Garga, o pasar a ponte xa se chega á área recreativa.

Accesibilidade: en coche, a pé (aparcadoiro para o autobús a carón da igrexa de Anllóns a (300m)

Distancias a lugares relevantes:
Ponteceso:1.5km/ Parada de autobús
Carballo: 22km /Estación de autobuses
A Coruña:55 km /Estación de tren /Aeroporto
Santiago:66/Estación de tren/Aeroporto.


© by Abertal