ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Praia de Balarés

Galería de fotos

A praia de Balarés


Vista da praia de Balarés

Parroquia:Cospindo (San Tirso)
Lugar: Balarés
Coordenadas: Latitude: 43º 14´37” N-Lonxitude:8º 56´39” W

Servizos: Aparcadoiro, duchas, servicio de limpeza diario*, servizo de vixilancia*, servizo de WC adaptado, senalización do estado do mar*, WC adaptados, , rampas de acceso para persoas con diversidade funcional, restaurante ao carón da praia, paseo marítimo
*no verán

Acceso:
Desde Ponteceso, cóllese a estrada -AC-424-en dirección a Corme. O chegar a O Couto, pkm -1.6 km-hai una curva moi cerrada a dereita- e, en frente, hai un desvío a esquerda en dirección Balarés,-DP-6803- que leva a praia. a 2.5 km
Accesibilidade: en coché, a pé, en autocús autobús.

Descrición:
Praia situada na ría de Corme e Laxe, nun extremo do monte Branco. O entorno natural dispón de magníficas vistas panorámicas sobre todo o percorrido desde Ponteceso, con gran beleza, con puntos de observación singulares como o miradoiro sobre la desembocadura do río Anllóns, a cume do monte Branco e a baixada ata a praia. A praia de Balarés ten forma de enseada, cunha arena branca e fina, e ondas moderadas.
Durante a Segunda Guerra Mundial exportabase wolframio para os alemans,desde un embarcadeiro situado nun extremo do arenal, do que aínda quedan restos
Balarés é, sin dúbida, unha das paraxes máis fermosos do concello. Situado o abrigo da ría de Corme e Laxe, é una praia visitada por miles de persoas durante o verán.

Características:
Bandeira azul
Praia resgardada
Longitud: 350m
Ocupación estival:Alta
Tipo de arena: fina
Contorno: Praia, piñeiral, merendeiro, restaurante a carón da praia

Enfronte da praia hai un fermoso piñeiral-merendeiro con mesas de piedra e parrillas, no que se puede disfrutar dunha boa comida ou merienda debaixo dunha esplendida sombra do piñeiral – conxunto de mar-praia e piñeiral.

Distancias a lugares de interese:
Ponteceso:3.5km/ Parada de autobús
Carballo: 25km /Estación de autobuses
A Coruña:55 km /Estación de tren /Aeroporto
Santiago:66/Estación de tren/Aeroporto.


© by Abertal